VENTA DE ENTRADAS

Cores, Contos e Rock&Roll con Ramona Órbita

19/04/2024 18:30 h.

A concellería de Cultura programa, o venres 19 de abril ás 18:30 na Casa da Cultura, “Cores, Contos e Rock´n´Roll con Ramona Pequena” da man de Pakolas.

Un espectáculo onde a interacción coas nenas e nenos, a súa música acompañada por contos e historias, e as cores e debuxos en directo de Laura Romero son o principal atractivo para o público.

Espectáculo: Musical e ilustración. Duración: 50 min. Idioma: Galego. Público: Infantil e familiar.

Colabora AGADIC

ENTRADA: 3€

CACHO ANIMALADA

26/04/2024 18:30 h.

A concellería de Cultura programa "Cacho Animalada" un espectáculo de contacontos a cargo de Vero Rilo, CACHO ANIMALADA é unha sesión de narración oral e música para público infantil.A narradora Vero Rilo acompáñase desta vez da guitarra e voz do multifacético Luis Iglesias. A tradición oral, o humor, o rock e a alegría fan cordada cun feixe de animais e animaladas pensadas para gozar en familia. Un espectáculo fresco e despreocupado para recargar enerxías.

Espectáculo AGADIC

ENTRADAS: 3€. APERTURA DE VENDA DE ENTRADAS O 22 DE ABRIL

Sentímolo. Probe máis tarde.

NÓ - Espectáculo de danza urbana

28/04/2024 20:00 h.

"Teño algo importante que dicir pero aínda non se o que é" Esta frase sitúase como punto de partida da nova creación da compañía Elahood. Unha proposta de danzas urbanas baixo unha mirada de creación contemporánea. NÓ convida o público a unha viaxe onírico, estirando e deformando o significado do quees importante. Baixo un filtro de ironía e fantasía, a compañía deixa ver pegadas do debate actual que atende a deconstrucción de xénero e a conciencia de clase.

Espectáculo de AGADIC

ENTRADAS: 4€. (Á VENDA O 22 DE ABRIL)

Sentímolo. Probe máis tarde.