Reserva de Entradas

CHEGOU O DÍA A VILA PENGÜÍN (música e animación en vivo)

26/02/2021 18:30 h.

TRILITRATE GRUPO - Público infantil / familiar. 50 min.

Trátase dunha proposta que combina de xeito maxistral música e animación, creada ao vivo, capaz de sorprender a maiores e pequenos pola súa beleza e grande sensibilidade. Un derroche de creatividade que nos leva de viaxe ao mundo da fantasía, da ensoñación e das músicas do mundo, da man de fermosas melodías que despertan o imaxinario dos máis cativos.