VENTA DE ENTRADAS

CACHO ANIMALADA

26/04/2024 18:30 h.

A concellería de Cultura programa "Cacho Animalada" un espectáculo de contacontos a cargo de Vero Rilo, CACHO ANIMALADA é unha sesión de narración oral e música para público infantil.A narradora Vero Rilo acompáñase desta vez da guitarra e voz do multifacético Luis Iglesias. A tradición oral, o humor, o rock e a alegría fan cordada cun feixe de animais e animaladas pensadas para gozar en familia. Un espectáculo fresco e despreocupado para recargar enerxías.

Espectáculo AGADIC

ENTRADAS: 3€. APERTURA DE VENDA DE ENTRADAS O 22 DE ABRIL

NÓ - Espectáculo de danza urbana

28/04/2024 20:00 h.

"Teño algo importante que dicir pero aínda non se o que é" Esta frase sitúase como punto de partida da nova creación da compañía Elahood. Unha proposta de danzas urbanas baixo unha mirada de creación contemporánea. NÓ convida o público a unha viaxe onírico, estirando e deformando o significado do quees importante. Baixo un filtro de ironía e fantasía, a compañía deixa ver pegadas do debate actual que atende a deconstrucción de xénero e a conciencia de clase.

Espectáculo de AGADIC

ENTRADAS: 4€. (Á VENDA O 22 DE ABRIL)