A concellería de Cultura programa o venres 27 de marzo, ás 18:30 horas no Auditorio da Casa da Cultura, o show "Xoga e Maxia" co Mago Paco
Chega unha nova proposta dinámica, participativa e sobre todo “alucinante”. Nesta ocasión, O Mago Paco encarna a figura de presentador do prestixioso programa XOGA E MAXIA onde a través de probas, os e as participantes competirán para levarse as súas casas algún que outro agasallo. Realidade ou ficción? Ata onde chegarán para conseguir o seu propósito? Haberá premios para todos e todas as participantes?
Un concurso único, dotado de premios imposibles onde non existen gañadores nin gañadoras, senon participantes que non saberán a proba á que terán que enfrontarse para intentar levarse un agasallo.
Sentímolo. Probe máis tarde.