Reserva de Entradas

LEIRA, de NOVA GALEGA DE DANZA. Rede Cultural Deputación da Coruña

28/11/2021 20:00 h.

Espectáculo de danza. Todos os públicos. Duración: 60 min.

O corpo e a terra estreitan os seus lazos nun espectáculo de danza e música que nos transporta á dura beleza das tarefas do campo, coa muller no centro desta conexión, día e noite, xornadas repetidas nunha sucesión inesgotable de estacións. Leira é tamén a alegría do traballo feito coas mans, coa valentía do corpo a corpo, a celebración dunha Galicia intemporal e máxica.
Bailan en escena: Ricardo Fernández, Pablo Sánchez, Inés Vieites e a sadense Estefanía Gómez. Música e voz en directo: Rosa Cedrón.

Premio Max ao mellor intérprete masculino de danza; Finalista Premio Max ao mellor espectáculo de danza; Premio do público na MIT de Ribadavia; Mención Especial no TAC de Valladolid (Teatro y Artes de Calle); Premio da Cultura Galega 2021