Reserva de Entradas

AS FILLAS BRAVAS E O MITO DE CASANDRA - Grupo Chévere. Rede Cultural da Deputación da Coruña

23/01/2022 20:00 h.

AFORO COMPLETO - LOCALIDADES ESGOTADAS

Teatro-comedia. Todo público. 60 minutos.

As Fillas Bravas son tres pandeireteiras do lugar de Momán, parroquia de Padrenda, concello de Trabancas, que cantan coplas e contan contos escoitados ou inventados, con moita retranca e non menos sabedoría.

Nesta obra, As Fillas Bravas usan as fontes do teatro clásico grego e da música tradicional galega como ferramentas para artellar a súa singular conversa cantada.

As Fillas Bravas e o mito de Casandra é, por un lado, unha obra na que tres mulleres maiores tratan de entender o cambio climático e facerlle fronte aplicando os saberes e a experiencia dunha vida longa no rural. E por outro, é unha obra con perspectiva de xénero á procura de personaxes femininas empoderadas, colocando o foco nunha muller afirmativa, autónoma, creativa e implicada na colectividade.

Protagonizada por:  Patricia de LorenzoMónica GarcíaArantza Villar 

Dirección e dramaturxia: Xron