Reserva de Entradas

ROSALÍA- (teatro en familia)

24/02/2021 18:30 h.

CULTURACTIVA PRODUCIÓNS. Público infantil e familiar. - 50 min.

María Rosalía Rita tamén foi nena. Ela, unha das grandes voces literarias da historia, foi nena que cantaba e xogaba, que lía e comía chocolate. Esta Rosalía que aínda non precisaba apelidarse "de Castro" é a protagonista desta obra de teatro que contará ás nenas e aos nenos que a infancia é o lugar onde medran as poetas. María Rosalía Rita agóchase no faiado, facéndose forte nese lugar máxico que ben coñece. Hoxe mesmo veñen a buscala...debe abandonar a aldea para ir vivir coa súa nai, despois de anos vivindo coas súas tías paternas. Que a poderá convencer para que abra a porta e se comporte como unha señorita ben educada?