Todos os públicos.- Duración: "perderás a noción do tempo"
Carolina viaxa cara aos Estados Unidos. Daiana, a bisneta dunha emigrante galega, ven da Arxentina. Comparten asento no aeroporto. Entre elas, milleiros e milleiros de #camiños. Camiños que unen as aldeas coas ciudades. Os poemas de Rosalía coa música electrónica. O spinning co churrasco. As fotos viradas sepias coas que acabamos de colgar no Instagram. Unha festa teatral sobre a Galicia máis "millenial", coa liberación da muller e a muller liberada como punto de partida dunha historia que tece fíos entre todas as visións do que fomos e o que desexamos ser.